Os Galaxy S9 / S9+ poderían ser os últimos da “serie S”

Quedan pouco máis de dúas semanas para que Samsung desvele en Barcelona os seus novos dispositivos, o Galaxy S9 e o Galaxy S9+, unha parella que terá moitos parecidos cos seus predecesores, malia que mellorando (máis aínda) a súa cámara e pulindo aspectos menores no deseño.

Coa data de presentación destes modelos sobre a mesa, temos que mirar xa ao seguinte Galaxy xa que, segundo apunta unha fonte coreana de GizChinao futuro Galaxy S10 pasaría a chamarse Galaxy X, sendo o primeiro dunha nova “serie X” no fabricante surcoreano.

Realmente non sería algo tan extrano, pois trataríase do décimo “Galaxy S”, e tal aniversario merece un dispositivo á medida, un modelo que marque a diferenza, e mais aínda se temos en conta que Samsung está a ter ciclos de dous anos para as renovacións importantes no seu portfolio de dispositivos.

Como curiosidade, até o de agora a denominación Galaxy X estaba asociada ao proxecto de móbil pregábel de Samsung, polo que hai que tomar esta información con cautela. Na mesma liña, habería que ver que pasa coa saga Note, que no 2016 fixo un salto para sincronizar o número coa serie S.

Ben pensado, Samsung Galaxy X e Galaxy Note X non soa nada mal. Vós que pensades?

Sobre o autor

No Responses

Reply