Vodafone regala chamadas e datos sen límite o 14 de febreiro

Logo dos cambios de tarifa que suporán unha pequena suba mensual a cambio de barra libre en redes sociais a partir do 1 de abril, Vodafone quere ter un xesto positivo coa súa clientela ofrecendo unha promoción co gallo do día de San Valentín, que se celebra o 14 de febreiro.

Deste modo, as usuarias da operadora británica poderán disfrutar de navegación e chamadas ilimitadas a fixos e móbiles ilimitadas sen custe (e sen que se desconte da súa tarifa) desde as 00.00 até as 23.59 horas do 14 de febreiro. Ver vídeos, compartir cousas nas redes sociais, enviar arquivos… todo queda incluído dentro desa promo que se aplicará de maneira automática.

Esta iniciativa está dispoñíbel unicamente para as usuarias de contrato, ben sexan particulares, profesionais ou pequenas empresas. Unicamente quedan excluídas as chamadas a números de tarificación adicional ou premium.

Sobre o autor

Reply