A galega Ocean’s mellora as súas tarifas durante un tempo promocional

A operadora galega Ocean’s quere celebrar o Día dos Namorados, e para iso vén de pór en marcha unha promoción que ten como principal vantaxe que os seus efectos serán permanentes. Trátase de dobrar os gigas incluídos en case todas as súas tarifas, que quedarán do seguinte xeito:

  • De 120 min e 1 GB a 120 min e 2 GB por 7,95 €/mes.
  • De 120 min e 3 GB a 120 min e 6 GB por 11,55 €/mes.
  • De chamadas ilimitadas e 1 GB a chamadas ilimitadas e 2 GB por 13,95 €/mes.
  • De chamadas ilimitadas e 3 GB a chamadas ilimitadas e 6 GB por 15,95 €/mes.
  • De chamadas ilimitadas e 5 GB a chamadas ilimitadas e 10 GB, 17,95 €/mes.
  • De chamadas ilimitadas e 8 GB a chamadas ilimitadas e 16 GB, 21,95 €/mes.
  • De chamadas ilimitadas e 20 GB a chamadas ilimitadas e 30 GB, 24,95 €/mes.

Esta promoción de San Valentín aplicarase a todas as tarifas móbiles e en todas as súas variantes, dobrando os datos ás novas clientas nas tarifas só móbil e de converxencia fixo + móbil + Internet, así como ás liñas adicionais e ás liñas de empresa.

Así mesmo, todas as usuarias de móbil Ocean’s poderán disfrutar de maneira gratuíta até o 30 de xuño do servizo de televisión Iaboo TV básico, e acceder a varios terminais do catálogo a un mellor prezo, entre eles o iPhone X, iPhone 8, Samsung Galaxy J5, Samsung Galaxy Galaxy J7 ou Blu Vivo 5R.

Para poder acollerse a esta promoción é preciso facer un contrato con Ocean’s de aquí ao 28 de febreiro (incluído), xa sexa a través da web, do número de atención ao cliente 1770 ou nos puntos de venda.

Sobre o autor

Reply