EEUU recomenda non usar terminais Huawei

Estados Unidos vén de intensificar a presión cara moitas compañías extranxeiras, especialmente as marchas chinesas, que esta semana recibiron unha boa labazada. Logo de que varios senadores presionasen para que as empresas americanas rompesen os acordos con fabricantes como Huawei ou ZTE, agora son as axencias de intelixencia as que recomendan non empregar os produtos destas firmas.

A CIA, o FBI e a NSA consideran que os produtos e servizos de Huawei e ZTE supoñen un potencial risco de espionaxe, polo que recomendan non usalos.

Segundo os últimos dados dispoñíbeis, Huawei vén de superar a Apple no ránking de fabricantes a nível mundial, e quere comercializar o seu Huawei Mate 10 PRO a través da operadora AT&T. Porén, o fabricante chinés está a ter unha chea de impedimentos por esta teima da Administración Trump, que mesmo está a traballar nunha normativa pola cal vaise prohibir aos empregados públicos usar estes dispositivos, xunto cos de ZTE.

Sobre o autor

Reply