Así son os novos Nokia 7 Plus A1 con Android One e Nokia 1

Seguimos coaas filtracións previas ao Mobile World Congress, que polo que parece vai estar cheo de novidades. Desta volta toca falar de dous dos novos terminais de THC baixo a marca Nokia, o Nokia 7 Plus e o Nokia 1 con Android One.

Do primeiro deles, o Nokia 7 Plus A1, xa tivemos novas días atrás, mais agora hai información máis concreta sobre o modelo variante “A1”, como o ter Android One como principal reclamo. En canto ao hardware non se agardan novidade e montará coma o seu irmán, cun Snapdragon 660, 4 GB de RAM e 64 GB de memoria interna, pantalla con ratio 18:9 e resolución FHD+.

Por outra banda chegan novidedes do Nokia 1, un terminal de entrada co que TCH quere completar a familia Nokia. Trátase dun teléfono orientado a países emerxentes e está equipado con 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna. Levaría así mesmo Android GO, máis lixeiro que unha versión completa para ter unha mellor experiencia.

Sobre o autor

Reply