Desde hoxe podemos mercar o LG V30 en rosa no noso país

Nos últimos anos fóronse popularizando as cores alternativas para os smartphones, de maneira que hoxe en día raro é o modelo que non sae á venda en máis dunha opción de cor. Aos negros e brancos fóronse engadindo novas alternativas máis arriscadas, como os dourados, azuis, verdes e rosas, e precisamente esta é a última das cores engadidas por LG ao seu abano de opcións no seu último flagship, de maneira que desde hoxe podemos mercar o LG V30 en rosa.

O rosa súmase así ás outras dúas cores nas que xa podiamos mercar este teléfono no noso país, o azul e o prateado, aumentando as opcións coa cor que máis triunfou no país de orixe de LG (Corea) desde o seu lanzamento.

O LG V30 destaca polo seu deseño con pantalla OLED FullVision de 6 polgadas, que tamén aposta polo ratio 18:9 e por ns marcos pequenos, o que fai que teñamos unha pantalla grande nun corpo pequeno. De feito, pesa 158 gramos, o que fai que sexa o smartphone máis lixeiro do mercado na categoría de 6 ou máis polgadas.

Do resto de características cabe destacar a súa cámara, con lente de cristal Crystal Clear e apertura f/1.6, o que fai que sexa un trebello idóneo para sacar fotografías en ambientes con pouca luz. Ademais, está equipado con son de alta fidelidade, cun sistema desenvolto en colaboración con Bang & Olufsen.

O novo LG V30 en cor rosa pódese mercar desde hoxe no noso país a través das cadeas de distribución da marca, tanto online como offline.

Sobre o autor

Reply