TP-Link anuncia o novo smartphone básico Neffos C5A

O fabricante de domótica e dispositivos para redes TP-Link vén de anunciar o lanzamento dun novo terminal da súa liña de smartphones Android, o Neffos C5A, que ao igual que o resto de modelos da compañía, trátase dun modelo básico pertencente á gama entrada.

O Neffos C5A vén equipado cunha pantalla LCD de 5 polgadas e resolución FWVGA (854 x 480 píxeles, 196 ppp), e no seu interior leva un procesador MediaTek, concretamente o MTK6580M, de catro núcleos a 1,3 GHz. Xunto a el temos 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, iso si, ampliábel mediante tarxetas microSD de até 32 GB.

No apartado fotográfico, as súas cámaras son de 5 e 2 megapíxeles (para principal e frontal, respectivamente), a traseira con flash LED. E se falamos de conectividade, teremos WiFi, Bluetooth 4.0 LE, sistema dual SIM e rede móbil até HSPA+ (3G vitaminado, pois non é compatíbel coas redes 4G – LTE). Finalmente, acabando coa folla de especificacións, temos unha batería de 2300 mAh.

Dispoñibilidade e prezo

Segundo confirmou TP-Link, o novo smartphone Neffos C5A chegará a todo o continente europeo “nos próximos meses”, por un prezo que aínda está por determinar. Botando un ollo ás súas especificacións entendemos que este trebello debería estar entre os 59 e os 99 euros ao sumo.

Sobre o autor

Reply