A primeira subasta de espectro 5G anunciarase durante o Mobile World Congress

O Mobile World Congress, a gran feira anual do móbil que se celebrará entre os próximos 26 de febreiro e 1 de marzo en Barcelona, será o marco escollido polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital  para anunciar a primeira subasta de espectro 5G, a próxima xeración de tecnoloxía móbil que dará pé ao Internet das Cousas (IoT).

Indo ao concreto, está previsto que o que se anuncie sexa a subasta das bandas de 3,5 GHz e 1,5 GHz, ademais dun paquete de axudas para a realización de proxectos sobre tecnoloxías 5G, co obxectivo de converter ao Estado nun referente neste avance tecnolóxico, como xa o é con Barcelona como Mobile World Capital.

Aínda que o auxe da tecnoloxía 5G no entorno comercial está prevista para comezos dos anos 20, a subasta de espectro é a condición necesaria para establecer os primeiros piares da mesma. Neste senso, o Estado español non é o único que está a preparar o camiño co inicio das subastas, xa que outros estados europeos como Bélxica, Austria, Eslovenia, Noruega, Suecia, Dinamarca e Macedonia atópanse xa inmersos no proceso.

Sobre o autor

Reply