Confirmado o deseño do Sony Xperia XZ2 Compact

Apenas quedan dous días para que abran as portas dunha nova edición do Mobile World Congress (MWC) aínda que, como xa adiantamos, mañá domingo comezarán a chegar as novidades coas primeiras keynotes, especialmente protagonizadas polo Unpacked de Samsung.

Porén, hoxe queremos falarvos de Sony. Nese ruxe ruxe de novas que chegan nos días previos, nos que abundan as filtracións e tamén fake news, vimos de coñecer algo sobre un dos novos trebellos do fabricante nipón.

En concreto, trátase da confirmación do deseño do novo Sony Xperia XZ2 Compact, que representa unha importante novidadee ao ser a chegada das primeiras curvas ao deseño que vén implemetando Sony nos últimos anos. Como se pode ver na imaxe, que compara un Z5 Compact (esquerda) cun prototipo do XZ2 Compact (dereita), a evolución é notoria no deseño.

Trátase do que o fabricante vén de anunciar como desñeo “plate + human”, que non é máis que adatar o deseño ao uso cunha man.

Outra novidade filtrada con respecto a este modelo é que elimina o jack de audio 3.5 mm, algo que acontece por primeira vez nun dispositivo da marca. É probábel que este cambio chegue tamén a varios modelos do fabricante, mais polo de agora non temos outra información.

Sobre o autor

Reply