Vodafone e Samsung alíanse para desenvolver servizos de fogar intelixente

Vodafone e Samsung anunciaron no Mobile World Congress un acordo estratéxico para desenvolver V-Home by Vodafone, unha plataforma de servizos smarthome (fogar intelixente) baseado na Internet das cousas (IoT), que verá a luz de xeito comercial durante a primavera.

Os produtos de smarthome engaden a intelixencia das redes de telecomunicacións a dispositivos como detectores de fume, controladores de temperatura, cámaras de vídeo e frigoríficos, de maneira que se convirte o fogar tradicional nun fogar conectado, máis eficiente, automatizado e controlado.

Este acordo entre Samsung e Vodafone porá en marcha unha plataforma que permitirá controlar desde o móbil os dispositivos intelixentes instalados no fogar, que virán no V-Home Monitoring Starter Kit. Este kit inclúe diferentes dispositivos capaces de configurar para iniciarse no mundo do fogar conectado:

  • Samsung SmartThings Hub. Semellante a un router, é o encargado de xestionar e interconectar os múltiples dispositivos intelixentes compatíbeis.
  • Cámara de vídeovixilancia sen fíos. Proporciona imaxes 720p e dispón de detección de movemento e infravermellos para iluminar á noite. Permite ver en tempo real e almacenar na nube até 14 días, sen consumir datos na tarifa móbil de Vodafone.
  • Multisensor Samsung SmartThings. Sitúase nunha porta ou ventá para detectar aperturas / peches, así como cambios de temperatura.
  • Serea Samsung SmartThings. Pode sonar até 85 dB e emitir luz se se produce algún acontecemento.
  • Alarm Assistant. Proporciona un aviso inmediato aos clientes ao detectar un evento.
  • V-Home Monitor. Permite configurar o sistema de monitorización, proporcionando unha serie de regras automáticas.

Aquelas persoas que queiran completar este kit inicial poderán adquirir o Detection Kit, que inclúe un sensor de auga e un de fume, ou o Automation Kit, que leva un senor de movemento, un enchufe e unha bombilla LED que podemos configurar seguindo varias regras.

Como xa comentamos anteriormento, está previsto que este servizo chegue de xeito comercial ás usuarias de Vodafone durante a primavera deste ano. Polo de agora non se coñecen os seus prezos.

Sobre o autor

Reply