Archos Citee Connect, o primeiro scooter con Android

A compañía francesa Archos vén de presentar no Mobile World Congress o Archos  Citee Connect, o primeiro scooter eléctrico que funciona con Android. Porén, o que vimos non foi un produto final, senón un prototipo – maqueta do que será cando saia ao mercado, seguramente nos meses de verán.

A gran novidade deste scooter, e á vez o seu factor diferencial, é que conta cunha pantalla que podemos atopar en calquera terminal Android. A nível hardware estamos ante un dispositivo con pantalla de 5 polgadas protexida contra os golpes e as condicións meteorolóxicas adversas e leva un procesador de catro núcleos, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna. Como sistema operativo leva Android 8.0 Oreo.

Aínda que non destaque polas súas especificacións, a idea desta integración é que ademáis de que na pantalla podamos consultar velocidade, distancia percorrida ou batería consumida durante a ruta, poder ter máis apps instaladas relacionadas coa movilidade nun mesmo aparello. Por exemplo, resulta interesante cargar unha ruta en Google Maps así como ter a app dos buses da nosa cidade para volver á casa se comeza a chover.

En canto ás especificacións do scooter, cómpre saber que leva rodas de 8,5″, motor de 250W e batería de 36V coa que poderemos percorrer de 18 a 22km a un máximo de 25 Km/h. A autonomía de 22km, poden ser máis, pois o aparello conta cun sistema de recuperación de enerxía, cargando así a batería con cada freada. O tempo de recarga da batería é de aproximadamente dúas horas e media. Pesa 13 kg e pode cargar con até 100 kg de peso.

Ademáis deste novidoso scooter, Archos presentou outros dous modelos durante a feira. Ningún deles, conta coa posibilidade de instalar apps. Como principiais especificacións, queremos destacar:

Archos Citee Power.

  • Peso: 13 kg
  • Motor: 350W
  • Velocidade máxima: 25 km/h
  • Rodas de 8.5 polgadas
  • Autonomía: 18 a 22 km
  • Tempo de recarga: 2 a 3 horas
  • Carga máxima: 100 kg

Archos Citee.

  • Peso: 11,5 kg
  • Motor: 250W
  • Velocidade máxima: 22 a 25 km/h
  • Rodas: 8 pulgadas
  • Autonomía: 10 a 12 km
  • Tempo de recarga: 4 a 5 horas
  • Carga máxima: 100 kg

En canto ao prezo, o Archos Citee e Archos Citee Power partirán dos 399,99 €, mentres que o Archos Citee Connect estará no mercado no verán de 2018 por un prezo de 499,99 €.

Sobre o autor

No Responses

Reply