Así son os V2 e Apollo que Vernee anunciou no MWC

Vernee anunciou durante o Mobile World Congress dous terminais moi interesantes. O primeiro deles é o Vernee V2, un dispositivo orientado a aguantar todo tipo de usos sen renunciar a un deseño coidado, mentres que co segundo, o Vernee Apollo ,pretenden competir na gama alta.

Vernee V2

Este terminal robustecido conta cunha estrutura reforzada e certificación IP68. Apúntase á moda dos terminais con formato de pantalla 18:9 con panel de 5,99 polgadas con resolución FullHD. O seu procesador é o MediaTek Helio P23, de oito núcleos a 2 GHz e GPU Mali-G71 a 700 MHz. A batería é de 6200 mAh con carga rápida Pump Express.

Ademais, o trebello incorpora conectividade LTE, NFC para poder facer pagos móbiles, lector de pegadas dixitais, sensor par o ritmo cardíaco e Android 8.1 Oreo. En canto ás cámaras, tanto na parte dianteira como na traseira temos modelos de dobre sensor.

En canto a configuracións, poderemos atopar o trebello en dúas opcións. A primeira delas, a máis económica, vén con 64 GB e 4 GB de RAM e ten un prezo que reonda os 200 euros. Quen precise máis pode optar pola opción de 6 GB de RAM e 128 GB de capacidade interna.

Vernee Apollo 2

Por outro lado temos o Vernee Apollo 2, que vén a ser o novo tope de gama da compañía, que destaca pola pantalla infinita. Trátase dun panel fabricado por Sharp de 5,99 polgadas e resolución Full HD.

O seu procesador é o MediaTek Helio X30 de 10 núcleos e GPU Power VR. Vén directamente con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno. Ademáis conta cunha doble cámara principal de 16 e 13 MP mentres que a dianteira ten un solo sensor de 8 MP. Polo de agora, non temos máis datos sobre o seu prezo ou data de lanzamento.

Sobre o autor

3 Comments

  1. daniel 18 Marzo, 2018 Responder
      • daniel 24 Marzo, 2018 Responder

Reply

Deixa una resposta a daniel Cancelar a resposta