Seat convértese na primeira marca mundial en engadir Shazam nos seus vehículos

Xa hai tempo que no Mobile World Congress (MWC) de Barcelona non só se fala de telefonía ou de diferentes dispositivos electrónicos. Hoxe estamos aquí para falar da compañía de automóbiles Seat, pertencente o grupo Volkswagen que vén de anunciar que integrará Shazam nos seus coches a partir do mes de abril, desta forma convertirase no primeiro fabricante a nivel mundial en incorporar os seus servizos de captura de cancións dentro dos sistesmas de infoentretenimiento dos seus vehículos.

Shazam chega onde máis a miúdo se necesita, é dicir, no coche. Seguro que moitas veces escoitamos na radio algunha canción da cal queríamos saber o seu título, coa radio dixital sempre temos acceso a esa información, pero coa chegada dunha aplicación como neste caso é Shazam, que recoñece a música e o mesmo tempo tamén garda o noso historial de investigación. Ademáis, unha vez que rematemos o noso traxecto, poderemos ver un mapa útil coas cancións identificadas e a posición relativa do noso vehículo na ruta.

A integración, que estará dispoñible nos vehículos da marca a través de Seat DriveApp para Android Auto, permitirá ós clientes do fabricante identificar as súas cancións favoritas desde o vehículo, dunha forma sinxela e segura.

Ademáis da integración de Shazam a través de Seat DriveApp, os responsables de Seat veñen de anunciar outro dos seus plans relacionados co futuroi da mobilidade. Trátase da creación de XMOBA, unha nova compañía que terá como principal obxectivo identificar, testear, comercializar e invertir en proxectos que contribuian a impulsar solucións que melloren a movilidade do futuro. Oprimeiro proxecto, por exemplo, chámase ‘justmoove’ e integra servizos para conductores, desde tarifas de estacionamento ata peaxes, a través de suministros nunha soa plataforma.

SEAT anunciou tamén en rolda de prensa a súa intención de involucrarse nun dos proxectos máis importantes que afronta a cidade de Barcelona: convertirse na capital da tecnología 5G. A iniciativa, impulsada pola Generalitat de Catalunya, o concello de Barcelona, Mobile World Capital, entre outros, pretende convertir a cidade condal no laboratorio europeo do 5G.

O obxetivo da marca neste proxecto é traballar en equipo para desarrollar a tecnoloxía 5G nun prototipo de automóbil conectado que se probará na cidade condal o próximo ano. O seu director Luca de Meo deixounos unha das súas impresións durante a súa intervención no MWC.

Tags:

Sobre o autor

Reply