Wiko View 2: o novo teléfono de Wiko aposta pola pantalla infinita e o “notch” do iPhone

Wiko anunciou esta tarde o lanzamento dos seus novos teléfonos para este 2018, que supoñen a renovación de todo o seu portfolio. De todos eles, o terminal de referencia é o Wiko View 2, un modelo que destaca pola súa pantalla infinita e pola presenza do “notch”, a cella que iPhone fixo famosa e que hoxe moitos fabricantes incorporan aos seus deseños. Estará dispoñíbeis en dúas versións, unha base e outra denominada “Pro” un pouco máis ambiciosa nas súas espeficiacións.

O primeiro deles, o Wiko View 2, leva unha pantalla HD+ de 6 polgadas con formato 19:9, e no interior un procesador Qualcomm Snpadragon 435, xunto con 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD. A batería queda nos 3000 mAh de capacidade, dispón de lector de pegada dixital, NFC e 4G/LTE.

No apartado fotográfico temos unha cámara traseira de 13 megapíxeles e unha frontal de 16 Mpx. Chegará en dourado, negro e gris por 199 €.

Por outro lado, o Wiko View 2 Pro é un modelo un chisco superior. O procesador cambia por un Qualcomm Snpadragon 450, e as memorias suben até os 4 GB de RAM e 64 GB de memoria interna, tamén ampliábel. Neste caso, a cámara traseira é dobre (Sony IMX499, 16 Mpx), mentres que a frontal mantense igual. Estará dispoñíbel en dourado e gris por 299 €.

Wiko View Collection

Por outra banda, Wiko tamén actualizou as gamas inferiores. Dentro da “View Collection” temos tres modelos similares, tanto en características como en deseño, aínda que un paso pro baixo dos View 2.

A continuación reproducimos as principais especificacións de cada un deles:

Wiko View Go

  • Pantalla: 5,7 polgadas HD+ 18:9
  • Procesador: catro núcleos a 1,3 GHz
  • RAM: 2 GB
  • Memoria: 16 GB + microSD
  • Cámara traseira: 13 Mpx
  • Cámara frontal: 5 MPx
  • Batería: 3000 mAh
  • Outros: Android 8.0, dual SIM, desbloqueo facial
  • Prezo: 129 €

Wiko View Lite

  • Pantalla: 5,45 polgadas HD+ 18:9
  • Procesador: catro núcleos a 1,5 GHz
  • RAM: 2 GB
  • Memoria: 16 GB + microSD
  • Cámara traseira: 13 Mpx
  • Cámara frontal: 16 MPx
  • Batería: 3000 mAh
  • Outros: Android 8.0, dual SIM, lector de pegadas dixitais.
  • Prezo: 159 €

Wiko View Max

  • Pantalla: 5,99 polgadas HD+ 18:9
  • Procesador: catro núcleos a 1,3 GHz
  • RAM: 2 GB
  • Memoria: 16 GB + microSD
  • Cámara traseira: 13 Mpx
  • Cámara frontal: 8 MPx (con flash)
  • Batería: 4000 mAh
  • Outros: Android 8.0, dual SIM, desbloqueo facial
  • Prezo: 179 €

Que vos parecen?

Sobre o autor

No Responses

Reply