Durante a nosa visita ao Mobile World Congress que se está a celebrar estes días tivemos a oportunidade de botar un ollo aos novos LG K8 2018 e LG K10 2018, a renovación da serie K do fabricante surcoreano. Trátase de terminais sinxelos nas súas especificacións, o que tamén se traduce nun prezo axustado.
O LG K10 está equipado cunha cámara principal de 13 Mpx e cunha dianteira de 8 Mpx con efecto bokeh para facer selfies. Ademais incorpora PDAF, un novo autofocus até o 23% máis rápido do que existía até o de agora. Ademáis, a Low Light Noise Reduction fai que en entornos con baixa luminosidade as fotografías queden moi ben.
Cómpre destacar tamén a tecnoloxía Smart Rear Key coa que agora ademáis de desbloquear o terminal coa pegada datilar, tamén podemos facer fotos máis rápido (Quick Shutter) e mesmo facer capturas de pantalla en menos tempo (Quick Capture). O LG K10, tamén destaca por:
- Pantalla de 5.3” HD 1280 x 720 e 277 ppi
- Procesador 1.5 GHz e oito núcleos
- Memoria: 2 GB de RAM / 16GB de ROM / microSD (hasta 2TB)
- Cámara principal de 13 MP e dianteira de 8 MP
- Batería de 3.000 mAh
- NFC
- Android Nougat, 7.1.2
- Cores: Aurora Black, Moroccan Blue e Terra Gold
Temos que ter en conta que atoparemos tamén unha versión LG K10+ que destaca por contar con 3 GB de RAM e 32 de memoria intena expandíbel até 2 TB, pero só o atoparemos en Moroccan Blue e Terra Gold.
Pola súa banda, o LG K8 ofrece opcións de cámara avanzadas que permiten facer fotografías máis cláras e brillantes cando as condicións de luz non son as mellores. Ademáis, tamén conta con disparo automático, disparo por xestos e Quick Share. Outras especificacións que queremos destacar son:
- Pantalla de 5.0-inch HD 1280 x 720 e 294ppi
- Procesador a 1.3 GHz de catro núcleos
- Memoria: 2GB RAM / 16GB ROM / microSD (até 32GB)
- Cámara principal de 8MP e frontal de 5MP
- Batería de 2.500mAh aínda extraíbel
- Android 7.1.2 Nougat
- Cores: Aurora Blac, Moroccan Blue e Terra Gold
- Quick Capture, Quick Shutter e FlashTime Helper
Unha nova característa común na serie K é que agora contan con Flash Jump Shot, que permite tomar até 20 imaxes cada 3 segundos para crear GIFs moi divertidos, posibilidade presente con calqueira das dúas cámaras.
Polo de agora non temos información dos seu prezo e data de saída ao mercado.