ZTE Blade V9, ou como a gama media vai subindo o listo do deseño

ZTE presentou no Mobile World Congress un interesante terminal, que ten como principal novidade o seu deseño, moi coidado, e unha cámara que conta cun modo nocturno mellorado. Este dispositivo sae ao marcado co nome de ZTE Blade V9.

 

Grazas a esta cámara, as usuarias poderán facer boas fotografías baixo situacións de pouca luz, e contando cun sistema de cámara dual, as posibilidades que se abren son moitas, segundo a propia ZTE, xa que non puidemos facer unha proba a fondo para demostrar isto.

En cando ao deseño, podemos definir o Blade V9, coma un gama media premium no que destaca a súa pantalla fHD de 5,7 polgadas con formato 18:9 e con marcos moi axustado conseguindo así un efecto todo pantalla que se achega á competencia, cun ratio dod 83,9% en relación ao corpo-pantalla.

En canto ás especificacións deste terminal, destacamos:

  • Procesador Snapdraon 450. Un octa core a 1.8 GHz.
  • 3 GB + 32GB o 4 GB + 64 GB. Almacenamento interno ampliábel até 256 GB cunha microSD.
  • Cámara principal 16 MP + 5 MP e 6 lentes
  • Cámara dianteira de 8 MP.
  • 3200 mAh de batería, sen carga rápida.
  • Lector de pegadas datilares.
  • Android Oreo, 8.1.

Ademáis, sobre a base do Blade V9, ZTE tamén achegou a este MWC o Blade V9 Vita, unha versión con especificacións máis axustadas e menor tamaño.

Pola súa banda, o Blade V9 chegará ao mercado en 4 cores (negro, dourado, azul e gris) e estará dispoñíbel na primavera por un prezo de 269€.

Sobre o autor

Reply