Vodafone e Nokia crearán a primeira rede 4G na Lúa no 2019

Vodafone e Nokia veñen de anunciar un proxecto de colaboración grazas ao cal levarán cobertura 4G á Lúa no vindeiro ano, cando se cumpren os 50 anos da chegada do ser humano ao satélite terrestre. Deste modo a operadora pretende dar apoio a unha misión de PTScientists, unha empresa con base en Berlín que xunto con Vodafone e Audi levará a cabo o primeiro alucinaxe con financiación privada.

O proxecto, chamado Mission to the Moon, realizarase no 2019 logo do lanzamento dun foguete Falcon 9 de SpaceX (a empresa de Elon Musk) desde Cabo Cañaveral. Deste modo, Vodafone creará a primeira rede 4G na Lúa, conectando dous rovers de Audi lunar quatro cunha estación base situada no Módulo Autónomo de Aterraxe e Navegación (ALINA). Pola súa banda, Nokia (a través de Nokia Bell Labs) creará unha rede espacial ultracompacta que será a máis lixeira que se ten desenvolto até o de agora, cun peso inferior a un quilogramo.

Esta rede 4G permitirá aos rovers Audi comunicarse e transferir dados científicos e vídeo en HD mentres se achegan e estudan o vehículo de exploración lunar Apollo 17 da NASA. Este foi o que empregaron os últimos astronautas que camiñaron pola Lúa para explorar o val Taurus-Littrow en decembro de 1972.

Segundo as probas de Vodafone, a estación base deberá poder emitir 4G na banda de 1800 MHz e enviar a primeira retransmisión de vídeo HD en directo da superficie da Lúa. Esta retransmisión difundirase a unha audiencia global a través dun enlace no espazo profundo que se interconecta co servidor de PTScientists no Centro de Control de Misión de Berlín.

As redes 4G ofrecen alta eficiencia enerxética en comparación coa radio analóxica, polo que de ser unha misión exitosa poderán desenrolar un papel esencial, construíndo o primeiro paso para establecer unha infraestrutura de comunicacións para misións futuras.

Sobre o autor

Reply