A marca de accesorios Ksix amosou as súas novidades no MWC

A marca de accesorios Ksix Mobile amosou durante o Mobile World Congress da semana pasada toda unha serie de accesorios para dispositivos móbiles, unha gama que abrangue desde gadgets como smartbands ou smartwatches até auriculares, carcasas e soportes para o coche. Vexamos as súas principais novidades.

Fitness Explorer 2

 

O Fitness Explorer 2 é aun reloxo intelixente diferente. Incorpora funcións que permiten monitorizar a actividade física das usuarias, como podómetro, contador de calorías ou de distancia percorrida. Para iso conta con toda unha serie de sensores e funcións, como altímetro, barómetro, alarma, cronómetro, calendario e medidor do nível de radiación UV.

Non leva batería recargábel, senón unha pila tradicional que lle outorga até 1 ano de autonomía, o cal é bastante interesante para a meirande parte das usuarias.

Fitness Banad HR3

Por outra banda, a pulseira Fitness HR2 permite acceder ás funcións máis  importantes en canto á monitorización física: controla o ritmo cardíaco dinámico 24 horas, ademais de incorporar podómetro, contador de calorías e distancia, entre outras.

Así mesmo, a pulseira tamén conta con modo multideporte, o que permite seleccionar actividades como running, ciclismo, sendeiro ou natación, monitorizando en tempo real os dados do ritmo cardíaco, calorías e quilómetros.

Wireless Charge Pack

Trátase dun accesorio 2 en 1, xa que por unha banda é un soporte para ter o noso móbil no coche, como á vez é un cargador sen fíos con potencia máxima 5W, compatíbel con todos os smartphones que contan co estándar Qi.

Cargadores sen fíos

Ksix anunciou tamén dous modelos de cargadores sen fíos, un con formato standing para colocar no escritorio ou na mesa de noite e outro máis compacto que podemos levar onde precisemos.

O primeiro deles permite cargar calquera dispositivo compatíbel co estándar Qi con só situalo sobre a súa superficie. A súa maior vantaxe é que conta cunha velocidade de carga 1,4 veces superior á dos cargadores sen fíos estándar. O segundo modelo ten un tamaño ultracompacto e destaca pola ampla gama de coresn na que se pode mercar (negro, branco, azul e vermello).

Ambos os dous xa están dispoñíbeis, por 29,90 e por 14,90 euros, respectivamente.

Auriculares Go & Travel 

Dispoñíbeis en tres cores (azul, morado e rosa), os auriculares Go & Play están pensados para escoitar música e adpatarse tamén a calquera bolso ou mochila onde queiramos gardalos, grazas ao seu deseño recollíbel e compacto.

Go & Play Air

 

Os Go & Play Air son uns auriculares para quen prefire os modelos máis sinxelos do interior da orella. Están deseñados para insonorizar fronte ao ruído externo para ofrecer unha experiencia envolvente.

Go & Play Neckband

 

Por outro lado, os Neckband, dispoñíbesi unicamente en negro, incorpora un colar flexíbel con acabado en goma e conectividade Bluetooth 4.1. Destaca pola súa gran autonomía e son estéreo de alta fidelidade.

Go & Play Sport 3

Finalmente, o modelo Sport é o deseñado para a práctica do deporte. Son tamén sen fíos e o seu acabado está pensado para que queden ben suxeito á orella mentres se practica deporte, evitando que se anden soltando.

Todos estes dispositivos poderanse mercar a través da rede de distribución de Ksix no noso país. que inclúe tanto tendas en liña como grandes almacéns e operadoras.

Sobre o autor

Reply