Thomson anunciou os seus primeiros smartphones no MWC

Quen máis, quen menos, todo o mundo coñece á mítica maca Thomson, especialmente polo mundo da televisión. Tras os primeiros pasos no sector das tablets, o fabricante francés deu o salto aos smartphones, e durante o Mobile World Congress puidemos ter un primeiro achegamento aos seus primeiros modelos: TH101, TH201 e TH701.

TH701

O máis ambicioso de todos eles é o TH701. un trebello de gama media que incorpora certas especificacións que até o de agora ficaban reservadas a terminais de maior rango, como a carga sen fíos Qi (por certo, incluíndo a base de carga no pack de compra).

Leva unha pantalla HD de 5,9 polgadas en formato 18,9 e procesador de oito núcleos, xunto con 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD.

Na parte posterior combina unha cámara dobre, formada por dous sensores de 16 e 2 megapíxeles, e na parte dianteira un modelo de 8 Mpx. A batería é de 3200 mAh de capacidade, ten USB tipo C e o seu prezo é de 199,95 euros.

Thomson TH101

Por outro lado, o modelo TH101 conta cunha pantalla de 5 polgadas HD. No seu interior leva un procesador de catro núcleos, xunto con 1 GB de RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas de memoria microSD.

A batería é de 2100 mAh de capacidade e as súas camaras de 8 e 5 megapíxeles, e como sistema operativo leva Android 7.0 Nougat.

 

Está previsto que o Thomson TH101 chegue ás tendas do noso país por 99,95 euros.

Thomson TH201

Finalmente, o Thomson TH201 é un modelo parecido ao TH101, aínda que mellora algunha que outra característica. Conta tamén cunha pantalla de 5 polgadas, procesador de catro núcleos e 2 + 16 GB de memoria.

As maior das diferenzas atopámolas no apartado da cámara, onde apostan por unha cámara principal de 13 megapíxeles, e no aumento da batería até os 2300 mAh de capacidade. Custará 129,99 euros.

Como pode verse, en todos os casos estamos ante teléfonos sinxelos, aínda que cómpre destacar o TH701, que leva unhas especificacións bastante atractivas para o seu rango. Ademais de todo o exposto, os tres modelos levan lector de pegada dixital, un punto extra que seguro que interesa a moitas usuarias.

Sobre o autor

Reply