SanDisk anunciou a microSD máis rápida até o momento

SanDisk anunciou durante o Mobile World Congress a primeira tarxeta de memoria con velocidade A2 e 400 GB de capacidade, a SanDisk Extreme UHS-I microSDXC. O fabricante, que xa sorprendera o ano pasado no MWC cunha tarxeta de gran capacidade, decidiu apostar este ano pola velocidade, o outro do factores relevantes neste tipo de accesorios.

A tarxeta en cuestión permítenos chegar a velocidades de lectura de 160 MB/s (isto é, até un 50% máis rápido que a velocidade habitual das tarxetas que podemos mercar no mercado actualmente) e de 90 MB/s en escritura. Deste xeito, as novas tarxetas non teñen problema algún para usalas para aplicacións, xa que cargarán os datos moito máis rápido, así como tamén para todas as funcións que teñen hoxe en día as cámaras, como os vídos en slow-motion, as ráfagas RAW ou a reprodución de vídeo en 8K.

A tarxeta que empregou SanDisk para facer este anuncio na feira era de 400 GB, a maior das capacidades desenvoltas pola compañía, aínda que tamén está previsto que esta tecnoloxía de alta velocidade chegue ás tarxetas de menor capacidade da marca, como son as de 256, 128 e 64 GB.

Sobre o autor

Reply