Samsung Pay engade 40.000 ususarias Travel Club nun ano

Durante o 2017 máis de 40.000 usuarias de Travel Club rexistraron as súas tarxetas de fidelización no servizo de pagos móbiles de Samsung, Samsung Pay, o que amosa a boa acollida que están a ter este tipo de sistemas de pagamentos. Como curiosidade hai que dicir que o 56,2% das titulares das tarxetas Travel rexistradas en Samsung Pay tiñan entre 30 e 50 anos.

Ademáis desde agora, todas estas usuarias poderán consultar o saldo de punto Travel Club desde a app de Samsung Pay, medida que facilita enormemente esta tarefa. Iso si, as clientas antigas terán que actualizar a súa tarxeta de fidelización na nova app, mentres que as novas xa contarán con esta funcionalidade desde o comezo.

Lembrade, que Samsung conta tamén con Samsung Rewards, o sistema de fidelización propietario lanzado o pasado mes de decembro, co que é posíbel acumular puntos cada vez que facemos un pagamento desde Samsung Pay, cos que poder conseguir unha morea de agasallos.

Sobre o autor

Reply