Isto é o que poderemos ver no vindeiro Google I/O 2018

Como xa temos comentado en múltiples ocasións, o Google I/O é o evento anual máis importante de Google. Durante os días que dura a cita, especialmente dirixido a desenvolvedoras, podemos ver unha morea de conferencias e presentación sobre novos produtos e servizos.

Un ano máis o I/O celebrarase en Mountain View (California) desde o 8 ao 10 de maiom e terá como acontecemento principal a keynote do día 8 ás 19h hora peninsular, con “Android P” coma tema destacado. O resto de días estará ocupado con sesións para desenvolvedoras, talleres de código ou análise de apps.

Os temas a tratar estarán centrados en achegar todas as novidades relacionadas coa realidade aumentada, realidade virtual, accesibilidade, intelixencia artificial, Nest e IoT. Temas importantes para a compañía coma, Android Wear, Chrome OS e Google Assistant terán un evento propio. Polo de agora, nin rastro de Android TV nin Android Auto.

Agora ben, non todo vai ser traballo e por iso ao final do primeiro día haberá unha festa e a noite do segundo haberá un concerto, rematando o evento no mediodía do día 10. A axenda completa do Google I/O podédela consultar na seguinte ligazón.

Sobre o autor

Reply