Queres convertirte nun cazador de pantasmas? con Ghostbusters World tes a túa oportunidade

As máis pequenas da casa lembraranse dos últimos remakes estreados no mundo do cine, pero para as que somos algo máis maiores seguro que nos lembramos tanto das películas, os comics ou da serie de animación que tiveron “Os Cazapantasmas” (Ghostbusters).

Por iso agora nos chega  Ghostbusters World, o novo título de realidade aumentada que podemos comparar polo estilo con Pokemon Go. Sony Pictures está levando as cousas un pouco máis lonxe con Ghostbusters World, xogo que está actualmente en desarrollo con 4:33 Creative Lab e debería lanzarse nalgún momento deste ano en iOS y Android.

A popular franquicia aterrará en teléfonos intelixentes e tabletas para fin de ano co obxectivo de loitar e capturar a centos de pantasmas en todo o mundo, tomados do universo da franquicia, incluiendo películas, series de televisión, cómics, parques temáticos e videoxogos. Ademáis de novos fantasmas creados especificamente para este xogo.

O anuncio de Sony prodúcese xusto cando Google lanzou máis información sobre o seu propio xogo de ferramentas oficial de realidade aumentada para desenvolvedoras de Android, ARCore 1.0., polo que, a información que temos actualmente é moi pouca. O novo título de AR está actualmente en desarrollo nos estudios de NextAge como parte dunha colaboración entre Sony Pictures Entertainment, Ghost Corps y FourThirtyThree Inc.

Pola pouca información que obtivemos, Ghostbusters World presentará todas as últimas noticias en Realidade Aumentada cun xogo caracterizado por numerosas e interesantes características. “O universo Ghostbusters é rico en personaxes e Ghostbusters World é o medio perfecto para coñecer a estos personaxes nunha dimensión completamente nova”, dixo o director da película orixinal, Ivan Reitman, nun comunicado. Haberá que ver como son quen de nos sorprender 🙂

Sobre o autor

Reply