Energy Sistem anuncia a nova tablet Energy Tablet 10 Pro 4

Energy Sistem vén de presentar unha nova tablet orientada ás usuarias que queren vivir unha experiencia multimedia completa. Trátase da Energy Tablet 10 Pro 4, un modelo que integra unha pantalla IPS Full HD de 10,1 polgadas e que destaca polos seus altofalantes laterais con tecnoloxía Xtreme Sound, que reproducen un son potente e sen distorsións para escoitar música, películas ou series con gran calidade de son, grazas á súa ecualización que equilibria graves e agudos.

 

A nova Energy Tablet 10 Pro 4 chega cun deseño coidado de 8,1 mm de grosor e cun acabado metálico na parte posterior e frontal en branco, integrando unha pantalla de 10.1 polgadas con tecnoloxía IPS e resolución Full HD. Ademais, o panel leva un tratamento antipegadas para mellorar a experiencia de visualización dos contidos sen marcas en pantalla.

No seu interior leva un procesador de catro núcleos a 1,5 GHz, xunto con 2 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 256 GB de capacidade adicional. As cámaras son de 5 e 2 megapíxeles, para traseira e frontal, respectivamente, e a súa batería de 6200 mAh (unhas 8 horas de autonomía en uso, segundo datos do fabricante). En canto ao sistema operativo, vén con Android 7.0 Nougat.

Dispoñibilidade e prezo

A nova Energy Energy Tablet 10 Pro 4 estará dispoñíbel a partir do 22 de marzo, aínda que xa se pode reservar a través da páxina web do fabricante por 189 euros. Quen o faga recibirá ademais unha funda para ela de regalo.

Sobre o autor

Reply