Novos Oppo R15 e R15 Dream Mirror

O fabricante chinés Oppo vén de presentar na China dous novos modelos para a súa gama alta, os Oppo R15 e Oppo R15 Dream Mirror. Trátase de dous trebellos iguais por fóra pero que teñen algún que outro cambio por dentro para orientarse a dous públicos con diferentes necesidades.

En canto ao seu deseño, os novo Oppo R15 son dous smartphones nos que se aposta pola pantalla infinita e o notch na parte superior da pantalla que agocha tanto a cámara dianteira como todo unha serie de sensores. Pasemos a velos un pouco máis en detalle.

Oppo R15

O Oppo R15 vén con pantalla de 6,28 polgadas con formato 19:9 e resolución 2280 x 1080 píxeles Full HD+. No seu interior leva o procesador MediaTek Helio P20 (oito núcleos, 4 x 2 GHz Cortex A73 e 4 x 2 GHz Cortex A53), xunto con 6 GB de RAM e 128 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 256 GB.

No apartado fotográfico temos unha cámara dobre formada por un sensor de 16 megapíxeles con flash LED e apertura f/1.7 e un secundario de 5 megapíxeles con apertura f/2.2, mentres que a cámara dianteira é de 10 megapíxeles con apertura f/2.0

En canto ao resto de especificacións , o teléfono leva unha batería de 3450 mAh con carga rápida VOOC Flash, 4G LTE, WiFi de dobre banda, Bluetooth 4.2, GPS + Glonass, lector de pegadas dixitais e USB Tipo C. O sistema operativo é Android 8.1 Oreo, aínda que agochado con ColorOS 5.0

Oppo R15 Dream Mirror

Pola súa banda, o R15 Dream Mirror é unha versión que varía no procesador, integrando un Qualcomm Snapdragon 660 (4 x 2,2 GHz e 4 x 1,8 Ghz), e na cámara traseira. Esta está formada polo mesmo sensor principal de 16 megapíxeles pero varía no secundario, que é de 20 Mpx e ten unha apertura f/1.7.

Dispoñibilidade e prezo

O Oppo R15 custará un 385 euros ao cambio e estará dispoñíbel en tres cores (branco, vermello e morado), mentres que o R15 Dream Mirror subirá até os 425 euros e chegará en vermello, aínda que tamén haberá unha edición especial feita en cerámica por uns 450 euros.

Sobre o autor

Reply