“Mophie Juice Pack”, carcasa e batería para multiplicar a autonomía dos nosos móbiles

Nas últimas semanas estivemos a probar un accesorio que nos pareceu moi interesant, o “juice pack” de Mophie para o Galaxy S8+. Para quen nos os coñeza, os “juice pack” son unhas fundas con batería incorporada, o que permite multiplicar as horas de autonomía do noso trebello, mais coa vantaxe de servir tamén de funda.

A diferenza dos powerbanks tradicionais (que podemos atopar no mercado en diferentes capacidades, formas e calidades), estes juice packs adáptanse á forma do noso trebello, o que nos permite seguir empregándoo de maneira normal mentres se carga, prescindindo dos cables ou de ter que levar dous obxectos enriba, o teléfono e o powerbank: os juice packs acómplanse formando un todo.

No caso concreto do modelo que probamos, deseñado para o Galaxy S8+, temos 3.300 mAh de capacidade, isto é, practicamente unha carga completa, xa que dito modelo de Samsung leva 3.500 mAh no seu interior. Ademais, é compatíbel co estándar Qi e outros sistemas de carga, polo que a propia funda funciona cos sistemas de caga sen fíos, simplificando o proceso de carga coas últimas tecnoloxías que máis demandamos as usuarias.

En canto ao seu deseño, o juice pack conserva a forma do Galaxy S8+, coas súas esquinas curvadas, e mantén os ocos para a cámara e sensores da parte posterior dos dispositivos. Sustitúe aos botóns físicos do noso smartphone e engade un máis, que é o que nos permite iniciar a carga. Na súa parte inferior dispón duns pequenos LEDs que nos axudan a levar conta do cargado que está este juice pack.

Certamente a nosa experiencia con el non puido ser máis positiva. Aproveitamos a nosa visita ao MWC (onde as xornadas eran longas e necesitabamos ter sempre o teléfono con carga para ir sacando fotos e gravando vídeos para o blog) para probar este accesorio a fondo, e puidemos comprobar que efectivamente cumpre a súa función con nota. Como apuntamos antes, e como principal diferenza cos powerbanks, non ter que cargar cun accesorio extra cando tes o dispositivo na man é algo que se agradece, xa que gañamos en comodidade.

Se estades interesadas neste juice pack para o Galaxy S8+ podedes mercalo a través da web de Mophie por 99,95 €. Tamén están dispoñíbeis para outros modelos de Samsung (Note8, S8, S7, S7 Edge, S6, …) e moitos Samsung. Ademais, na web de Mophie podedes atopar outros accesorios relacionados coa carga, como pads de carga sen fíos, cargadores e cableado tipo C e docks. Botádelle un ollo!

Páxina web | Mophie

Sobre o autor

Reply