Vodafone elimina as restricións territoriais do servizo TV Online dentro da UE

A partir do próximo mes de abril as usuarias do servizo de televisión online de Vodafone, Vodafone TV Online, poderán disfrutar do servizo durante os seus desprazamentos a outros países dentro da Unión Europea. Deste xeito, poderase seguir utilizando o servizo nas mesmas condicións que dentro do Estado español, sen custes adicionais e cos mesmo contidos que o cliente teña na súa oferta. Isto inclúe tamén o acceso a “Videoclub”, así como ás canles á carta que teña contratado, de xeito que poderanse aproveitar as vantaxes de Vodafone TV Online tamén durante as viaxes e vacacións.

As canles dispoñíbeis varían segundo o que se teña contratado, mais as que teñan a oferta máis ampla (con case 100 canles de televisión) poderán disfrutar de contidos como os de Fox Life, TNT, AXN, COSMO, Comedy Central, Calle 13, Canala Hollywood, Disney XD, National Geographic ou Eurosport.

Sobre o autor

Reply