Oceans actualiza as súas tarifas, chegando aos 30 GB de datos

Rematada a promoción do mes de marzo, a operadora galega Ocean’s vén de facer oficiais as súas tarifas a aplicar a partir deste mes, que na práctica supoñen manter como definitivas as franquías de datos promocionais.

Así, a oferta de tarifas móbiles de Oceans para particulares queda definida do seguinte xeito:

  • 200 minutos, sen datos: 4,95 €/mes
  • 120 minutos + 2 GB: 7,95 €/mes
  • 120 min + 6 GB: 11,55 €/mes
  • Chamadas ilimitadas + 2 GB: 13,95 €/mes
  • Chamadas ilimitadas + 6 GB: 15,95 €/mes
  • Chamadas ilimitadas + 10 GB: 17,95 €/mes
  • Chamadas ilimitadas + 16 GB: 21,95 €/mes
  • Chamadas ilimitadas + 30 GB: 24,95 €/mes

De todas elas, a que máis chama a atención é de 30 GB, xa que supón unha das mellores ofertas entre as tarifas con gran número de datos incluídos.

Ademais da parte de tarifas, Oceans tamén renova o catálogo de terminais. Así, desde o 1 de abril as usuarias poden facerse cos Alcatel 2008G e A2 XL, co BLU Life Max e BLU Vivo 5R, cos Samsung Galaxy J5 e j/ 2017 e cos iPhone 8 e iPhone X, en promoción.

Sobre o autor

Reply