O OnePlus 6 chegará con Snapdragon 845, 8 GB de RAM e 256 GB de almacenaxe

Hai marcas que se esforzan en gardar todos os segredos para o momento da presentación oficial dos produtos e outras que non son quen de aguantar con eles dentro e van soltando pingas do que está por vir. É o caso do OnePlus 6, un teléfono confirmado polo propio fabricante do que xa coñecemos algunhas das súas características.

A última imaxe – spoiler publicada por OnePlus confirma que o novo OnePlus contará co Qualcomm Snpadragon 845 e unha combinación de 8 GB de RAM e 256 GB de almacenaxe interna, aínda que podería ser que se tratase dunha variante do moledo, de maneira que tamén existan outras algo máis comedidas, con 64 ou 128 GB de memoria interna.

O que case todas fontes dan por seguro é que o trebello levará unha pantalla tipo “infinito” coa cella que están a implementar moitas marcas na parte superior, mais iso é algo que,  polo de agora, non está de todo confirmado.

Sobre o autor

Reply