ZTE Iceberg, un prototipo con dobre “notch”

A pesar de que o Essential Phone do ex-googler Andy Rubin non foi un éxito de vendas haille que recoñecer o logro de ter sido o impulsor dunha moda que este 2018 está a ser adoptada por moitos fabricantes: o notch en pantalla. Trátase, como xa temos comentado, dunha pequena cella sobre o panel que permite aproveitar case todo o frontal dos dispositivos, agás o espazo necesario para introducir os diferentes sensores.

ZTE vén de ir un paso máis aló no seu último dispositivo, polo de agora un prototipo que recibe o nome de ZTE Iceberg. O que fai especial a este modelo é que, a falta de un, ten dous “notches”, o que permite reducir aínda máis os marcos e aproveitar o espazo.

Como curiosidade, este modelo, que opta aos premios IF de deseño, é totalmente reversíbel, polo que podemos usalo sen fixarnos en cal é a parte superior e cal a inferior. Ademais, dispón de carga sen fíos e uns conectores traseiros que poderían ser empregados para adosarlle módulos, aínda que isto é algo que está por confirmar.

Chegará a ser algún día un produto comercial ou quedará nunha simple anécdota? Veremos que nos deparan os próximos meses.

Sobre o autor

Reply