O fabricante chinés Meizu actualizou estes días o seu portfolio de smartphones, engadindo tres novos modelos de gama media. Son os Meizu 15, Meizu M15 e Meizu 15 Plus, dispositivos que compiten en prezo e que se poderán adquirir en diferentes configuracións. Vexamos as súas diferenzas:
Meizu M15
- Pantalla: panel IPS LCD de 5,46 polgadas con resolución Full HD e ratio 16:9
- Procesador: Qualcomm Snapdragon 626
- RAM: 4 GB
- Memoria interna: 64 GB (ampliábeis)
- Cámara: traseira de 12 Mpx con apertura f/1.9, frontal de 20 Mpx.
- Batería: 3050 mAh (con carga rápida)
- Sistema operativo: Android 7.1.2 Nougat (con FlymeOS)
- Outros: sensor de pegadas dixitais
Meizu 15
- Pantalla: panel AMOLED de 5,15 polgadas con resolución Full HD
- Procesador: Qualcomm Snapdragon 660
- RAM: 4 / 6 GB
- Memoria interna: 64 /128 GB (ampliábeis)
- Cámara: traseira DOBRE 20 + 12 Mpx con apertura f/1.8, frontal de 20 Mpx.
- Batería: 3000 mAh (con carga rápida)
- Sistema operativo: Android 7.1.2 Nougat (con FlymeOS)
- Outros: sensor de pegadas dixitais, NFC
Meizu 15 Plus
- Pantalla: panel AMOLED de 5,95 polgadas con resolución QuadHD e ratio 18:9
- Procesador: Samsung Exynos 8895
- RAM: 6 GB
- Memoria interna: 64 / 128 GB (ampliábeis)
- Cámara: traseira sobre 20 + 12 Mpx con apertura f/1.8, frontal de 20 Mpx.
- Batería: 3500 mAh (con carga rápida)
- Sistema operativo: Android 7.1.2 Nougat (con FlymeOS)
- Outros: sensor de pegadas dixitais, NFC
Como se pode ver na táboa de especificacións anterior, o modelo que máis destaca é o Meizu 15 Plus. Este dispositivo, ademais de adaptarse aos cánones actuais cunha pantalla de gran tamaño (~6 polgadas con ratio 18:9) e resolución QuadHD, tamén alberga un gran procesador de Samsung, concretamente o mesmo que levaban os Galaxy S8 / S8+.
Por outra banda, os outros dous modelos son máis sinxelos e están máis orientados ao público máis conservador, que prefire manterse nunhas dimensións máis comedidas aínda que sen renunciar a unha experiencia boa con compoñentes dunha gama media superior.
Dispoñibilidade e prezo
Os novos modelos de Meizu poranse á venda primeiramente na China, mais tamén serán comercializados noutros mercados, imaxinamos que tamén no noso país, onde Meizu leva varios meses vendendo os seus dispositivos de forma oficial.
En canto a prezos, os equivalentes en euros aos prezos na China son os seguintes:
- Meizu M15: arredor de 225 euros
- Meizu 15: uns 325 euros para o modelo de 64 GB e uns 360 para o de 128 GB.
- Meizu 15 Plus: uns 400 euros o modelo de 64 GB e sobre 430 o de 128 GB.
Que vos parecen?