Nokia X confirmado, así será a actualizacion do primeiro Nokia con Android

Un dos primeiros regresos de Nokia ao mercado móbil foi aló polo 2014, cando chegaron cun terminal básico baseado en Android, aínda que tan modificado que a interfac e lembraba máis a Windows Phone e non tiña nin sequera Google Play de serie. Falamos do Nokia X, lembrádelo?

Pois desta vez temos que falar da renovación deste primeiro terminal, que non pasou á historia polas súas especificacións nin por ser un número un en ventas, pero si por ser o primeiro modelo que marcaría unha nova época na marca.

Segundo as filtracións, o novo Nokia X sería presentado o día 27 deste mes en China, existindo a posibilidade de que non sexa o único modelo presentado. Aínda que non hai moita información sobre as súas especificacións, especúlase con que sexa un smartphone de características moderadas, como foron no seu momento o X.

 

Teremos que agardar un día a ver que tipo de móbil presentan e ver se desta vez son quen de sorprender. Que pensades?

Sobre o autor

Reply