Xiaomi acaba de presentar o Mi 6X durante un evento celebrado na China. O novo modelo chega para sustituír ao Xiaomi Mi 5X, un dos máis importantes da marca durante o pasado ano.
Especificacións técnicas
O novo modelo chega en tres variantes, atendendo ás memorias que integra. Deste modo, poderanse escoller versións de 4 GB de RAM e 32 GB de memoria interna ou as combinacións con 6 + 64 GB e 6 + 128 GB. En calquera caso, todos eles levan o mesmo procesador, que é o Qualcomm Snapdragon 660,
A pantalla é de tipo LCD e será de 5,99 polgadas, cunha resolución 2160 x 1080 px e ratio 18:9, coma é tendencia. Esta pantalla está alimentada por unha batería de 2910 mAh. No apartado fotográfico, atopamos unha cámara dianteira de 20 Mpx f/1,8 de Sony, mentres que a traseira sera doble e está colocada en posición vertical, sobresaindo bastante do corpo do terminal.
Os sensores da cámaras principais, que tamén son de Sony, son de 20 Mpx e 12 Mpx, ámbolos dous con apertura f/1.8, contando ademáis con zoom óptico e podendo gravar a 4K.
Como vedes na imaxe, o lector de pegadas dixitais, está colocado no centro da traseira, o que semella ser un lugar prefecto para usalo de xeito cómodo. Iso si, non atoparemos nin NFC nin porto de auriculares, o que pode ser unha problema para algunhas. Tamén como ben sendo habitual, contaremos con dous slots para SIMs, mentres que o porto de carga é de USB Type-C.