R aumenta a franquía de datos nos plans de Internet móbil

Tras a renovación das tarifas de móbil levada a cabo por móbilR o pasado mes de decembro, que supuxo un importante aumento na cantidade de datos móbiles, a operadora galega vén de facer o propio coas súas alternativas para tarxetas de datos, é dicir, as SIM que podemos empregar para ter Internet móbil nun MiFi ou nunha tablet, por exemplo.

Ademais do plan básico que ofrece 100 MB por 1,21 € por día de uso, pensado para usos puntuais, R ofrece catro opcións con máis datos por un prezo fixo ao mes, a elixir entre os seguintes:

  • 3 GB por 12 €/mes
  • 10 GB por 25 €/mes
  • 25 GB por 35 €/mes
  • 50 GB por 45 €/mes

Ademais, nos plans de 3 e 10 GB é posíbel aumentar esta franquía en 3 ou 10 GB adicionais por 30 ou 90 €, respectivamente. En todos eles, desde o básico diario ao de 50 GB, tamén se ofrece wificlientesR de maneira ilimitada.

Con estas novas opcións R posiciónase frente á competencia cunha proposta moi interesante que, malia non estar destinada a un público masivo, ten un nicho de mercado cada vez maior.

Sobre o autor

Reply