Samsung Pay engade a tarxeta de fidelidade de Cepsa

As usuarias do programa de fidelización de Cepsa “Porque Tú Vuelves” poderán acumular puntos e consultar as súas transaccións a través de Samsung Pay desde esta semana, segundo anunciaron ambas entidades nun comunidado. Deste modo, a compañía enerxética reforza a súa estratexia de dixitalización, trasladando as vantaxes do seu programa de puntos, que conta con máis de dous millóns de usuarias, ao servizo de pago móbil de Samsung.

Con esta incorporación, Samsung Pay continúa expandindo o seu catálogo de programas de fidelidade adheridos á plataforma, co obxectivo de pór ao dispór das usuarias todos os servizos a través dunha carteira completamente dixital no teléfono móbil.

O programa de fidelización de Cepsa ofrece ás clientas a posibilidade de acumular puntos para obter diferentes descontos nas estacións de servizo da marca, así como acceder a promocións e beneficios exclusivos.

Sobre o autor

Reply