Vivo Z1, deseño e potencia nun gama media xeitoso

En plena época de lanzamentos pre-verán, o fabricante chinés Vivo vén de facer público un dos seus últimos modelos, o Vivo Z1, un modelo de gama media que conta cun coidado deseño e unhas prestacións moi interesantes a prezo contido, como é habitual na marca.

O trebello alberga unha pantalla de 6,25 polgadas con notch e resolución FullHD (2280 x 1080 píxeles), e dentro de si integra un procesador Qualcomm Snapdragon 660, xunto con 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna ampliábeis mediante microSD.

No apartado fotográfico atopámonos cunha interesante cámara dianteira de 12 megapíxeles, mentres que para a parte posterior optouse por integrar unha solución de dobre lente, formada por unha cámara principal de 13 megapíxeles e unha de apoio de 2 megapíxeles.

Rematando coa listaxe das súas especificacións temos unha batería de 3250 mAh de capacidade, lector de pegadas dixitais (situado na parte traseira), Bluetooth 5.0 e Android 8.1 Oreo como sistema operativo, aínda que camuflado coa capa FunTouch 4.0.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Vivo Z1 chega ao mercado chinés e ás tendas de importación en tres brillantes cores (negro, vermello e azul) por algo menos de 250 euros ao cambio, unha cifra bastante interesante tendo en conta as súas características.

Sobre o autor

Reply