Novos dispositivos Chromebook de Acer en 13 e 15 polgadas

Acer anunciou estes días o lanzamento de novos dispositivos baseados en ChromeOS, o sistema operativo ligado á nube de Google. Trátase dos modelos Chromebook 13, Chromebook Spin 13, ambos os dous de 13 polgadas, e o Chromebook 15, un convertíbel de 15.

Chromebook 13 / Chromebook Spin 13

Tanto o Chromebook 13 como o Chromebook Spin 13 son modelos premium orientadosa un uso profesional. Están acabados en aluminio e contan cun deseño elegante e duradeiro, incorporando unha pantalla FullHD+ de 13,5 polgadas con relación de aspecto 3:2. Están equipados cos procesadores Intel Core de oitava xeración, o que combina un bo rendemento cunha autonomía destacábel.

O modelo “Spin” dispón de bisagras de 360 graos, para que poida usarse como tablet, portátil ou pantalla en modo “tenda de campaña”. Tamén dispón dun lapis Wacom, que se pode introducir nun oco reservado a tal efecto no propio trebello. Pola súa banda, o outro modelo é un protátil tradicional.

Chromebook 15 / Chromebook Spin 15

Por outro lado, o Chromebook Spin 15 é o primeiro Chromebook convertíbel con pantalla táctil de 15,6 polgadas, e está destinado ao entremento e produtividade no primeiro nível. Pesa 2,1 kg, un peso bastante interesante para un produto deste tamaño.

Entre as súas características destaca a batería, capaz de ofrecer até 14 horas de uso, algo que temos que ligar ao bo rendemento do seu procesador Intel Celeron N3450. A calidade da súa pantalla é 1080p (1920 x 1090 píxeles), e está protexida mediante Gorilla Glass. Dispón de 4 ou 8 GB de RAM e 32 ou 64 GB de memoria interna.

En canto aos portos, leva dous USB 3.1 Tipo C, dous portos USB 3.0 e un lector de tarxetas microSD. Se falamos de conectividade sen fíos temos que destacar o WiFi MIMO 802.11ac de 2×2 e Bluetooth 4.2.

Así mesmo, tamén foi presentado un Chromebook 15 de características semellantes sen as opcións de “convertibilidade”.

Dispoñibilidade e prezo

Sobre os modelos de 13 polgadas aínda non temos información sobre a data da súa posta á venda. O que xa se sabe é que os modelos de 15 polgadas chegarán no mes de xuño, por 399 euros o modelo estándar e 449 € o “spin”.

Sobre o autor

Reply