60 GB de datos gratis por ser de Lowi ou pasarse á compañía

É bastante habitual que as operadoras celebren o verán con promocións para fidelizar á súa clientela ou como elemento de captación para aquelas persoas que decidan portar o seu número. Entre elas está Lowi, a marca de baixo custe de Vodafone, que vén de anunciar unha xugosa oferta tanto para as novas usuarias como para as clientas actuais da compañía.

Lowi decidiu “tirar a casa pola fiestra” e agasallar con 60 GB de datos adicionais a todas as usuarias, independentemente do que teñan contratado, que serán válidos para consumir até o 31 de agosto. Deste xeito, por poñer un exemplo, se temos contratada (ou contratamos neste período) a tarifa máis básica de 1 GB por 6 € podedermos disfrutar de 60 + 1 GBs por eses 6 euros.

O único requerimento para poder disfrutar desta oferta é activar a promoción, algo que se pode facer desde a aplicación de Mi Lowi. Desde ese momento, os gigas que se gastarán primeiro son os promocionais, acumulándose os da tarifa contratada, como fai habitualmente.

1456 afortunadas disfrutarán doutros 60 GB extra até final de ano

Ademais, as usuarias que participen na promoción entrarán no sorteo de outros 60 GB adicionais para disfrutar desde o 1 de setembro até o 31 de decembro. En total serán 1.456 as persoas afortunadas deste segundo “chute” de gigas, un número que coincide co número de atención ao cliente da operadora.

Sobre o autor

One Response

  1. Eu 20 Xuño, 2018 Responder

Reply

Deixa una resposta a Eu Cancelar a resposta