Logo de moitos meses de estudos, a Organización Mundial da Saúde (OMS) vén de recoñecer a adición aos videoxogos como enfermidade mental, aínda que deixando claro que con esta decisión non pretenden demonizar os videoxogos, xa que un uso intensivo deles non converten a unha persoa en enferma.
Par aiso veñen de definir tres características que caracterizan ás adictas, e que son as seguintes:
- O xogo toma preferencia fronte a outras actividades, até chegar a ser a principal.
- A xogadora perde o control e sinte que debe xogar e xogar, incluso cando este hábito conleva consecuencias negativas.
- A xogadora chega a sentir angustia e pasa a deixar de lado as relacións familiares, sociais, educacionais e ocupacionais.
Ademais destas tres situacións na vida dunha adicta aos videoxogos, tense que producir dun xeito continuado durante alo menos doce meses, chegando a pasar factura mesmo no plano físico e emocional.
Con este posicionamento, a OMS pretende sentar as pautas de comportamento para axudar ás especialistas a diagnosticar ás pacientes e detectar axeitadamente os seus problemas.