Temos prezo e dispoñibilidade do Xiaomi Mi A2

Grazas ao erro (ou non) dunha tenda online de Suíz sabemos que o Xiaomi Mi A2 sairá á venda no mercado europeo o póximo 8 de agosto, confirmándose tamén o seu nome comercial e prezo: 289 francos suízos (uns 250 euros) na versión de 32 GB e 329 (284 euros) na de 64 GB.

Ademais, grazas a esta tenda sabemos que, a diferenza do Mi A1, ou seu sucesor, o novo Mi A2, contará con tres versións atendendo á configuracións de memorias: 32 , 64 ou 128 GB de memoria interna con 4 ou 6 GB de memoria RAM, así como varias opcións de cor.

En canto ás características que coñecemos do novo modelo de Xiaomi, máis aló das súas memorias, temos unha pantalla de 5,99 polgadas con resolución 2160 x 1080 píxeles, así como un procesador Qualcomm Snapdragon. No apartado fotográfico temos unha cámara principal formada por dous sensores, un de 12 e outro de 20 megapíxeles, e na frontal unha cámara de 20 megapíxeles, algo que agradecerán as persoas amantes das selfies.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Rubenix 30 Xuño, 2018 Responder

Reply