A operadora virtual Simyo, unha das marcas do conglomerado de empresas baixo o paraugas de Orange, vén de anunciar novidades nas súsa tarifas, en boa medida destinadas a aumentar a franquía de datos mantendo os prezos, aínda que tamén se engaden novas opcións de combinación.
Nas tarifas con minutos ilimitados, auméntanse os datos do seguinte xeito:
- Chamadas ilimitadas + 4 GB por 16 euros (antes 1,7 GB)
- Chamadas ilimitadas + 10 GB por 18 euros (antes 4 GB)
- Chamadas ilimitadas + 20 GB por 20 euros (antes 10 GB)
- Chamadas ilimitadas + 25 GB por 24 euros (antes 20 GB)
- Chamadas ilimitadas + 30 GB por 29 euros (antes 25 GB)
Por outro lado, as tarifas con datos adicionais tamén cambian, de maneira que o bono de 20 GB pasa a ter 25 GB por 17 euros e o bono de 25 GB pasa a ter 30 GB, neste caso por 28 euros.
Finalmente, tamén se crean novas tarifas con chamadas ilimitadas, unha con 1,5 GB por 13 euros e outra con 2,5 GB por 14 €. En canto aos bonos de datos, créanse os de 500 MB por 2,5 €, 1,5 GB por 5 €, 2,5 GB por 7 € e 20 GB por 15,50 euros.
Deste modo, a compañía ofrece moitas máis opcións ás usuarias, que poden facer unha tarifa á súa medida combinando minutos e datos segundo conveña.