Xiaomi retrasa a actualización dos Mi A1

Segundo informaron varias usuarias do foro XDA Developers, e máis tarde confirmaría a propia compañía, a actualización dos Xiaomi Mi A1 á versión 8.1 de Android foi paralizada tras ser detectados varios bugs de certa relevancia.

Dous dos máis importantes teñen que ver cos SMS e coa seguridade. O primeiro deles é que o historial de mensaxes SMS bórrase ao pechar a aplicación desde a multitarefa, mentres que o outro está relacionado con SafetyNet, que non é quen de decatarse de se somos root ou se fomos infectadas.

Malia que algunhas usuarias chegaron a recibir a actualización, Xiaomi parou o seu despregamento en espera de optimizar o software e arranxar os problemas detectados nunha das renovacións de versión máis agardadas nas últimas semanas.

Das novidades que integra a versión 8.1 de Android destacamos as seguintes: tema claro / escuro de xeito automático, funcións de apagado e reinicio, melloras no apartado de son, novos emojis e o parche de seguridade de xuño.

Cabe agardar agora a ver como de rápido solucionan estes problemas desde a compañía chinesa.

Sobre o autor

Reply