25 GB de balde este verán con Vodafone

A estas alturas, co verán xa comezado e cando pensabamos que coñeciamos todas as ofertas e promocións, Vodafone amplía a celebración da color anunciando que regalará 25 GB de datos tanto a clientes actuais como a novas usuarias dos plans de contrato da compañía.

A diferenza doutras promocións, as usuarias beneficiarias desta oferta terán de maneira automática 25 GB de datos que poderán consumir entre o 15 de xullo e o 31 de agosto (ambos incluídos). Inicialmente iranse consumindo os gigas promocionais, rematados os cales comezarán a descontar os datos da tarifa contratada.

As tarifas de contrato móbil Red, Mini ou Yuser, así como as tarifas converxentes One, disfrutarán desta promoción. Unicamente quedarán fóra as liñas adicionais gratuítas do paquete One con 500 MB, os plans de Internet móbil e as +Líneas Vacaciones.

Esta nova proposta de Vodafone é compatíbel coa oferta de datos ilimitados para apps específicas que xa tiña anunciado a compañía hai unhas semanas.

Sobre o autor

Reply