LG mellora as funcións do G7 ThinQ, G6 e Q6 cunha nova actualización

LG vén de anunciar o lanzamento de actualizacións software para varios dos seus modelos, en concreto para o LG G7 ThinQ, o LG G6 e o LG Q6. As usuarias do último modelo da compañía, o LG G7 ThinQ que analizamos hai unhas semanas, poderán disfrutar da nova funcionalidade de Realidade Aumentada na cámara, AR Sticer, que permite a inserción de avatares virtuais en fotos e vídeos, mentres que as do G6 terán melloras na cámara semellantes ás que xa disfrutan no G7.

LG G7 ThinQ: mellor experiencia multimedia

Como avanzábamos, o LG G7 ThinQ recibirá coa nova actualización a funcionalidade AR Stickr, mais tamén melloras que afectan ao audio, a batería, a cámara e a pantalla, co obxectivo de conseguir unha mellor – aínda – experiencia multimedia. Así, as usuarias poderán incluír personaxes animadas en 3D ou texto en fotos e vídeos que despois poderán compartir cos contactos grazas a AR Sticker.

 

LG G6: cámara máis intelixente

Outro gran beneficiado pola onda de actualizacións é o LG G6 grazas á integración de QLens. Con esta función, as usuarias deben sacar unha foto para saber así onde poder mercar o artigo ou atopar información en tempo real sobre outros artigos semellantes. QLens é intelixente abondo como para recoñecer alimentos, prendas de vestir, persoeiros da vida pública e puntos de referencia.

Ademais, o G6 tamén incorpora o modo Noite Plus con Intelixencia Artificial, unha ferramenta que detecta baixa luminosidade na escena a fotografar e activa automaticamente o modo noite, conseguindo así até dúas veces máis brillo e fotos máis naturais e vivas sen desvirtualizar a foto co flash. Coa axuda da teconoloxía píxel binning e outras técnicas avanzadas de procesamento de imaxe, o algoritmo encárgase de determinar a mellor configuración da cámara cando se dispara en entornos escuros.

Outra nova característica é o modo Flash GIF, unha función que toma catro fotos en intervalos usando o flash para saber o momento exacto das capatruas e creando vídeos divertidos ou GIFs de maneira rápida.

LG Q6: Oreo e melloras no audio.

Finalmente, o LG Q6 tamén recibe novidades, en concreto a versión 8.0 de Android con todas as novas funcións. Ademais diso, incorpórase o son DTS:X, son envolvente 3D de até 7.1 canles ao escoitar con auriculares, así como “flash disco”, unha función que activa o flash ao rtimo da música.

Con estas actualizacións LG cumpre a súa palabra de alongar a vida dos seus móbiles, achegándolles novidades tanto directamente coa actualización de Android como coa incorporación de prestacións dos modelos máis avanzados.

Sobre o autor

Reply