Toda a información do Sony Xperia XZ2 Premium

Sony anunciou a semana pasada o lanzamento do Sony Xperia XZ2 Premium, un modelo de alta gama que se porá á venda no noso país a finais de agosto por un prezo aínda por confirmar. O trebello destaca especialmente polas opcións de vídeo, xa que conta cunha sensibilidade ISO de 12800 en gravación e vén de ser converter no primeiro smartphone que incorpora ao tempo gravación de vídeo 4K HDR e unha pantalla 4K HDR.

Equipado co procesador tope de gama de Qualcomm, o Qualcomm Snapdragon 845, o trebello integra 6 GB de memoria RAM e 64 GB de capacidade interna, ampliábeis a través de tarxetas microSD de até 400 GB de capacidade. A súa batería é de 3540 mAh de capacidade, con carga rápida adaptativa, carga sen fíos, e modo Stamina para aumentar as horas de uso en caso de que o necesitemos.

A súa pantalla é un panel 4K de 5,8 polgadas (2160 x 3840) TRILUMINOS con HDR, e no apartado fotográfico temos un dobre sensor traseiro formado por unha cámara de 19 megapíxeles con apertura f/1.9  e outra en branco e negro de 12 megapíxeles. A cámara frontal é de 13 megapíles con f/2.0.

Como notas a maiores, o XZ2 Premium vén coa funcionalidade Dynamic Vibration System de Sony, o que fai que poida vivbrar ao compás das cancións ou coas reproducións de vídeo, e dispón de resistencia á auga segundo o estándar IP65/IP68.

En canto ao seu prezo, debemos esperar aínda unhas semanas para ver en canto o poñen á venda, aínda que podemos confirmar que estará dispoñíbel en negro e prata.

Sobre o autor

Reply