O Nokia 3.1 xa se pode mercar no noso país por 149 euros

Nokia vén de lanzar no noso país o novo Nokia 3.1, un dos móbiles máis básicos da compañía que podemos mercar a través de varios establecementos por 149 euros. Trátase dun modelo Android One que leva NFC, o que fai que sexa interesante para aquelas persoas que queren iniciarse nos pagamentos móbiles sen ter que investir moito.

O novo dispositivo da marca leva unha pantalla de 5,2 polgadas con resolución HD+, formato 18:9 e protección Corning Gorilla Glass. No seu interior temos un procesador MediaTek, o MTK6750, xunto con 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis con tarxetas microSD de até 128 GB.

No apartado fotográfico temos unha cámara principal de 13 megapíxeles con apertura f/2.0, mentres que na frontal integra un modelo de 8 Mpx. Completan a listaxe de especificacións unha batería de 2990 mAh, NFC, microUSB, WiFi e conector de audio jack 3.5.

Como adiantamos ao comezo da información, o Nokia 3.1 está dispoñíbel no noso país por 149 euros, podéndose mercar en tres cores (azul – cobre, negro – cobre e branco – ferro).

Sobre o autor

Reply