O Honor 10 actualízase con GPU Turbo e AIS

Tras iniciarse a posta á venda no noso país, Honor vén de lanzar GPU Turbo para un dos modelos icónicos, o Honor 10. Trátase dunha tecnoloxía que proporciona ás usuarias unha experiencia de xogo máis potente e eficiente. Ademais, o trebello tamén se actualizará cunha mellora no AIS (Automatic Image Stabiizer) para minimizar a borrosidade e estabilizar a captura de fotos e vídeos.

O GPU Turbo garante rápidas velocidades de rendemento e aborda os problemas de consumo de batería que afectan habitualmente á experiencia de usuario dos xogadores no móbil. A demanda na capacidade de procesamento de gráficos aumentou durante os últimos anos con aplicacións de última xeración, especialmente coa realidade aumentada e a realidade virtual, polo que esta actualización de sistema mellorará a integración hardware – software aumentando a eficiencia do procesamento nun 60% e reducindo o consumo nun 30%.

Doutra banda, a actualización traerá o Automatic Image Stabilizer (AIS), unha mellora de imaxe que elimina a borrosidade e compensa o movemento do dispositivo mentres captura fotos e vídeos. En 0,2 segundos o software detecta se o dispositivo está en movemento cun 98% de precisión e establece automaticamente a exposición e o encuadre usando o recoñecemento de escenas por Intelixencia Artificial.

Está previsto que esta actualización de software chegue a partir do 3 de agosto.

Sobre o autor

Reply