Land Rover Explore, o móbil do fabricante de automóbiles

O fabricante de automóbiles Land Rover vén de anunciar o seu primeiro smartphone, o Land Rover Explore, un dispositivo todoterreo deseñado para resistir todo tipo de inclemencias, ademais de dispór dunha batería que lle outorga gran autonomía.

O dispositivo leva unha pantalla de 5 polgadas con resolución 1920 x 1080 píxeles (441 píxeles por polgada), e no seu interior integra un procesador MediaTek Helio X27, de oito núcleos até 2,6 GHz, 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna, ampliábeis a través de tarxetas microSD. A súa batería é de 4000 mAh de capacidade, que como dixemos é responsábel dunha autonomía superior ao habitual, e no apartado fotográfico temos unha cámara traseira de 16 megapíxeles e unha frontal de 8 Mpx.

Como bo teléfono rebustecido, o Land Rover Explore é un teléfono que soporta caídas e as inclemencias externas como auga e pó segundo o estándar IP68. A súa pantalla tamén está protexida mediante Gorilla Glass 5, e deseñada para poder empregarse á luz do día e tamén coas luvas postas.

Como curiosidade, o teléfono tamén dispón dun accesorio – carcasa que achega 3600 mAh de batería adicionais e antena GPS externa para obter unha ubicación máis precisa, así como aplicacións software deseñadas especialmente para sacarlle partido ao trebello.

O novo Land Rover Explore pódese mercar por 649 euros, un prezo no que está incluída a batería externa que aumenta a batería.

Sobre o autor

No Responses

Reply