mobilR apúntase aos bonos “temáticos” de datos ilimitados

A comezos do mes de xullo demos conta dos bonos ilimitados de Euskaltel, e xa avanzamos que era máis ca seguro que R, dirixida pola empresa basca, seguise o mesmo camiño. O momento chegou, e a finais da semana pasada a operadora galega anunciou os seus plans de datos ilimitados para as usuarias de móbilR.

Trátase dun total de cinco bonos de datos ilimitados, diferenciados por temáticas para consumos de aplicacións. Son estes:

  • Bono redes: é o bono destinado ao consumo de aplicacións de mensaxería e redes sociais, e inclúe aplicacións como WhatsApp, Facebook, Instagram, Twitter, LinkedIn, Snapchat, Tinder, Flickr, Tumblr, Badoo, Meetic, Periscope, Telegram, WeChat e Messenger.
  • Bono gramola: é a opción para as persoas que adoitan escoitar música co móbil e inclúe Spotify, SoundCloud, Apple Music, Deezer, Napster, Tidal, Google Play Music e Shazam.
  • Bono claqueta: está orientado ás persoas que pasan o día vendo vídeos. Nela inclúense YouTube, Netflix, Amazon Prime Vídeo, HBO, Vimeo, Dailymotion, Vevo, Rakuten TV, Twitch e as versións Gaming e Kids de YouTube.
  • Bono office: está pensado para as persoas que traballan con documentos de Office 365.
  • Bono fin de semana: como o seu propio nome indica, trátase dun plan para a xente que usa moito o móbil no fin de semana, e inclúe o consumo de datos de todas as aplicacións desde o venres ás 14.00h até o domingo ás 23.59h.

Calquera destes bonos ten un prezo de 5 euros ao mes, e para contratalo é preciso dispór dunha tarifa móbilR con chamadas ilimitadas e 10, 25 ou 50 GB. Con todo, é importante ter en conta que só se contabilizan os consumos a través de aplicación, non de navegadores, polo que non se inclúe nin o tethering nin o uso en multiSIM.

Sobre o autor

Reply