Desde hai varios anos Vodafone ofrece roaming gratuíto en moitas das súas tarifas, unha vantaxe competitiva fronte os seus rivais que se viu un pouco afectada pola decisión da Unión Europea de eliminar este sobrecusto polo uso do smartphone noutros países da UE o verán pasado.
Porén, a compañía británica seguiu destacando ao incluír nesa listaxe de países libres de roaming destinos fóra da normativa europea, como Islandia, Liechtenstein, Noruega, Suiza, Albania, Turquía, Kosovo, Mónaco, Vaticano e os Estados Unidos.
Desde o primeiro de agosto esta listaxe volve a medrar, engadindo Bosnia, Macedonia, Serbia e Montenegro, territorios nos que as usuarias de Vodafone poderán usar o seu móbil como se estiveran no Estado español. Porén, estes cambios tamén eliminan o destino de Estados Unidos, que só se manterá para as clientas previas ao 20 de maio.
No resto de países o custe de usar o noso móbil pode chegar a ser prohibitivo. Así, nos países da Zona 2, as usuarias de tarifas One M e L, Red M e L e +Líneas M e L disfrutarán de chamadas e SMS ilimitados e os GB da súa tarifa por 15 € por día de uso, mentres que co resto de tarifas de contrato terán 20 minutos, 20 MB de datos e 20 SMS por día a razón de 15 euros.